Yes, we fuck!
«Yes, we fuck!» é un documental que quere abordar a sexualidade en persoas con diversidade funcional, xs chamadxs discapacitadxs.
Seis historias en torno ao sexo e a diversidade funcional, historias reais e diversas nas que o sexo se converte nunha arma de pracer en prol dos dereitos individuais e colectivos das persoas. Realizado a través dunha campaña de micromecenado, o proxecto transcende as súas fronteiras, converténdose nunha plataforma de debate sobre o corpo, a sexualidade e as persoas con diversidade funcional.
Antonio Centeno, activista do Movemento da Vida Independente, e Raúl de la Morena, realizador de documentais, crearon este proxecto que quixo visualizar, principalmente, o sexo en persoas con diversidade funcional e xerar así un novo imaxinario colectivo onde todxs, sen complexos, sen censuras, sen prexuízos e sen discriminacións, podamos gozar do sexo.
«Yes, we fuck!» non é só un documental, senón un proxecto onde a xente participa, dialoga e, sobre todo, cuestiona; no que as redes sociais teñen unha importancia fundamental. Ademais, o proceso de elaboración serviu para tecer alianzas entre diferentes colectivos que traballan politicamente cuestións vinculadas ao corpo e a sexualidade (diversidade funcional, feminismos, transfeminismos, LGBT, queer, intersex, gordxs, entre outrxs).
- Contacto: yeswefck@gmail.com
- Documental completo (pass:yeswefuck).
- Material complementario para proxeccións: Audiodescripción, subtítulos para persoas xordas, subtítulos en inglés, francés, alemán, italiano.
- “Yes, we fuck!” en Vimeo: Entrevistas, presentacións e actividades asociadas ao documental.