VIGALICIA

Somos unha asociación sen ánimo de lucro, composta e xestionada por persoas con diversidade funcional.

VALORES

Dereitos Humanos e Civís, Axuda e Apoio Mutuo, inclusión, responsabilidade sobre a propia vida e accións, dereito a asumir riscos

OBXECTIVOS

Promover a vida independente, romper con modelos discriminantes, control sobre as nosas propias vidas.

FINS

Promover alternativas á institucionalización imperativa e consecución e xestión de recursos suficientes para a Vida Independente.

Membros de VIgalicia

A nosa misión é promover a Asistencia Persoal (AP) tal e como se entende baixo o Ideario de Vida Independente que se basea no dereito de toda Persoa con Diversidade Funcional a exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida da súa comunidade igual que calquera outro cidadán.

SERVIZOS E ACTIVIDADES

OFICINA DE VIDA INDEPENDENTE (OVI)

Desde marzo de 2010, a OVI VIgalicia facilita aos seus membros, información, asesoramiento, xestión e contratación de asistentes persoais (autoxestionados polo propio usuario).

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

A individuos, profesionais, entidades e sociedade en xeral: consellería entre pares, destrezas, autodeterminación persoal, autoxestión, percepción de grupo.

DIFUSIÓN E FORMACIÓN

Organizamos cursos, xornadas e campañas sobre Asistencia Persoal, Vida Independente e dereitos humanos das Persoas con Diversidade Funcional.

PROMOCIÓN

Leis, políticas, iniciativas… e intermediacíón coas administracións para empoderar ás persoas con diversidade funcional e potenciar a súa independencia.

VIgalicia

TRAXECTORIA

2010 / actualidade - A loita continúa

As pequenas melloras conseguidas desde a aprobación do sistema non logran unha prestación digna e obríganos a continuar co esforzo ante as administracións para obter unha verdadeira vida independente.

2010 - A autoxestión como horizonte.

As ataduras normativas impulsan a creación da OVI-VIGALICIA, onde os usuarios axustan ao límite un sistema de servizo baseado na autoxestión máxima da AP e nun maior control da súa vida.

2010 - Un Decreto, un compromiso.

A constancia dos activistas nas premisas por universalizar o sistema de AP en Galicia materialízase nunha norma reguladora única en todo o Estado, aínda que claramente insuficiente.

2007 - Aprender facendo.

Desde a indiferenza institucional, VIGALICIA aposta con firmeza por enmarcar nos compromisos adquiridos e na realidade do cotián, o ensaio dun novo modelo de asistencia capaz de cambiar vidas.

2006 - Proposición Non de Lei para todos.

A dinámica activista recolle froitos no Parlamento de Galicia concretada nun proxecto piloto de Asistencia Persoal acorde ao espírito do Movemento de Vida Independente.

2004-2005 - Un dereito por lograr

Co obxectivo de lograr un sistema galego de Asistencia Persoal, activistas galegos inician contactos políticos e sociais, estudan experiencias, elaboran documentos base en colaboración co FVI.

Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade

Artigo 19. Dereito a vivir de forma independente e a ser incluido na comunidade

Os Estados Partes na presente Convención recoñecen o dereito en igualdade de condicións de todas as persoas con discapacidade a vivir na comunidade, con opcións iguais ás das demais, e adoptarán medidas efectivas e pertinentes para facilitar o pleno goce deste dereito polas persoas con discapacidade e a súa plena inclusión e participación na comunidade, asegurando en especial que:

  1. As persoas con discapacidade teñan a oportunidade de elixir o seu lugar de residencia e onde e con quen vivir, en igualdade de condicións coas demais, e non se vexan obrigadas a vivir con arranxo a un sistema de vida específico;
  2. As persoas con discapacidade teñan acceso a unha variedade de servizos de asistencia domiciliaria, residencial e outros servizos de apoio da comunidade, incluída a asistencia persoal que sexa necesaria para facilitar a súa existencia e a súa inclusión na comunidade e para evitar o seu illamento ou separación desta;
  3. As instalacións e os servizos comunitarios para a poboación en xeral estean a disposición, en igualdade de condicións, das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas necesidades.