VIGALICIA
Somos unha asociación sen ánimo de lucro, composta e xestionada por persoas con diversidade funcional.

A nosa misión é promover a Asistencia Persoal (AP) tal e como se entende baixo o Ideario de Vida Independente que se basea no dereito de toda Persoa con Diversidade Funcional a exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida da súa comunidade igual que calquera outro cidadán.
SERVIZOS E ACTIVIDADES
Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade
Artigo 19. Dereito a vivir de forma independente e a ser incluido na comunidade
Os Estados Partes na presente Convención recoñecen o dereito en igualdade de condicións de todas as persoas con discapacidade a vivir na comunidade, con opcións iguais ás das demais, e adoptarán medidas efectivas e pertinentes para facilitar o pleno goce deste dereito polas persoas con discapacidade e a súa plena inclusión e participación na comunidade, asegurando en especial que:
- As persoas con discapacidade teñan a oportunidade de elixir o seu lugar de residencia e onde e con quen vivir, en igualdade de condicións coas demais, e non se vexan obrigadas a vivir con arranxo a un sistema de vida específico;
- As persoas con discapacidade teñan acceso a unha variedade de servizos de asistencia domiciliaria, residencial e outros servizos de apoio da comunidade, incluída a asistencia persoal que sexa necesaria para facilitar a súa existencia e a súa inclusión na comunidade e para evitar o seu illamento ou separación desta;
- As instalacións e os servizos comunitarios para a poboación en xeral estean a disposición, en igualdade de condicións, das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas necesidades.