VIGALICIA convida á participación en Europa

As xornadas están coordinadas por un equipo internacional de novos líderes de Reino Unido, Hungría, Irlanda, Bulgaria e Letonia con experiencia no traballo cos mozos nos seus países e internacionalmente .

Participantes con idades entre 18 e 30 anos, que teñan algunha discapacidade. Bo nivel de Inglés (comprensión e comunicación). Disporá de accesibilidade, intérprete de linguaxe de signos, gastos de viaxe e aloxamento cubertos e, se é necesario, para un asistente persoal tamén. Cota de participación de 50 euros.

As xornadas estarán enfocadas sobre o concepto de discriminación múltiple, as persoas con discapacidade nas minorías ou grupos marxinados (por exemplo, do grupo étnico romaní, LGTB, etc.).

Data límite para a solicitude de reserva nas xornadas: 4 de abril de 2014.

VIGALICIA é membro de ENIL, e convida os mozos á participación.