Charla de VIgalicia no CIFP Anxel Casal da Coruña
Anxela López Leiceaga, Presidenta de VIgalicia, participou onte nunha charla no CIFP Anxel Casal (A Coruña), coas alumnas do ciclo de “Técnico en atención a persoas en situación de dependencia”. Os temas tratados foron a Vida independente, a asistencia persoal e a figura do asistente persoal. Proxectáronse vídeos, entregoúselle a guía do asistente persoal elaborada por AMBAR, ademais de diversa información relacionada. As alumnas estiveron moi interesadas na figura do asistente persoal, viron un boa saída laboral para o seu futuro, e tiveron unha gran participación no debate posterior.