Día dos Dereitos Humanos no CIFP Compostela
Co gallo da conmemoración do Día dos Dereitos Humanos, a presidenta de VIgalicia regresou ao CIFP Compostela para impartir unha charla ao alumnado do ciclo superior de integración social e das persoas en situación de dependencia.
Nesta ocasión, fixo un repaso do que significa o Movemento de Vida Independente, incidindo na súa similitude con outros activismos sociais, en especial o feminista. Fixo especial fincapé, pois, nas mulleres pioneiras na defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional.
Volveu facer un chamamento aos poderes públicos para que se abandone o enfoque asistencial e caritativo nas políticas públicas destinadas ás persoas con diversidade funcional. Que se deixe de invistir en centros segregadores, e instando a que asuman cando antes a proposta Lei de Vida Independente que presentou VIGalicia no parlamento, proposta que ven cumprir coa Convención ONU, as súas recomendacións e a observación xeneral nº5.