Alumnas de CIFP Portovello

Apoio á proposta de Lei de Vida Independente no CIFP Portovello

Este xoves 28 de Novembro, Anxela López volveu ao CIFP Portovello para explicar, tanto aos alumnos de Integración Social como de Dependencia, que é a vida independente e en que consiste a asistencia persoal autoxestionada que VIgalicia leva a cabo desde marzo do ano 2010.

Lamentou que as políticas públicas continúen sometidas ao médico-rehabilitador, non asuman unha alternativa á institucionalización e non se avance no cambio de paradigma en materia de dereitos humanos tal e como obriga o artigo 19 da Convención da ONU.

Como novidade a destacar, fixo referencia á última proposta de Lei de Vida Independente que VIGalicia presentou no parlamento galego e cumprir co mandato da ONU, coa observación xeral nº 5 e a última recomendación do Comité de este ano 2019:

reconozca mediante legislación el derecho a la asistencia personal, garantizando que todas las personas con discapacidad tengan derecho a una asistencia personal que responda a sus criterios personalizados para la vida independiente en la comunidad y con referencias a un abanico amplio de apoyos gestionados por la persona y dirigidos por el usuario, y a la autogestión de la prestación del servicio.

Ao rematar a intervención, tanto o alumnado como o profesorado, amosaron moito interese e participaron nun amplo debate onde manifestaron o seu apoio á lei.