
MARITA IGLESIAS
Membro de VIgalicia
Marita Iglesias Padrón faleceu en agosto de 2013
Formadora e experta en temas de violencia, xénero e diversidade funcional. Membro do Foro de Vida Independiente desde os seus inicios e fundadora de AIES, Vigalicia e SOLCOM. Centrou a súa actividade en cuestións de violencia, xénero e igualdade de oportunidades. Durante varios anos, impartiu o “Curso sobre Violencia contra Mulleres con Diversidade Funcional”. Desde 2004, participa nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal.
Posuía unha longa experiencia profesional en proxectos desenvolvidos no marco de distintas Iniciativas e Programas da Unión Europea, entre os que destacan os relacionados coa violencia sobre mulleres pioneiros en España e precursores de posteriores iniciativas e estudos no ámbito da muller con diversidade funcional a nivel nacional e internacional. Formou parte do equipo de expertas creado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para o deseño e posta en marcha do I Plan de Acción para as Mulleres con Discapacidade.