Anxela López Leiceaga
É membro do Foro de Vida Independiente desde os seus inicios. Foi cofundadora e vicepresidenta de SOLCOM e tamén cofundadora de VIgalicia, a entidade promotora e impulsora do proxecto de Asistencia Persoal en Galicia.

ANXELA LÓPEZ LEICEAGA

Presidenta de VIgalicia

José Antonio Nóvoa
É membro do Foro de Vida Independiente e foi representante de España da ENIL e membro da súa Xunta Directiva. Desde 2004, participa nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal. É fundador da SOLCOM, do Instituto diversidad e Inclusión e VIgalicia. Colaborou na creación da Federación de Vida Independente (FEVI).

JOSÉ ANTONIO NÓVOA

Membro de VIgalicia

Juan José Maraña
Está vinculado ao MVI desde os años 90 do pasado século, e no 2001, xunto a outros activistas, colabora na creación do Foro de Vida Independiente. Participou en diversos congresos a nivel español e internacional. É cofundador de VIgalicia e participou na creación de SOLCOM.

JUAN JOSÉ MARAÑA

Membro de VIgalicia

Marita Iglesias Padrón
Formadora e experta en temas de violencia, xénero e diversidade funcional. Membro do Foro de Vida Independiente desde os seus inicios e fundadora de AIES, Vigalicia e SOLCOM. Centrou a súa actividade en cuestións de violencia, xénero e igualdade de oportunidades. Desde 2004, participa nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal.

MARITA IGLESIAS

Membro de VIgalicia