Acceso ó sistema mediante a presentación do Plan de Vida Individual (PIVI) elaborado polo usuario, condicionado a realización de actividades laborais, de educación e sociais.
Valoración da provisión de asistencia persoal en función de horas necesarias para cobertura de necesidades asistenciais, establecendo un mínimo de 5 HORAS/DÍA durante o ano 2010, exento de repago por ser MINIMO VITAL. Aplicación de repago para rentas superiores a 2’5 veces o IPREM a partir deste MINIMO VITAL de horas fixado como EXENTO (deberíase substituir indicador IPREM por SMI).
Ano 2011: provisión de asistencia persoal nivelada co proxecto de Madrid, cun MINIMO VITAL de 11 HORAS/DÍA EXENTO de repago.
Ano 2012: provisión de HORAS NECESARIAS conforme ao PIVI, en cumprimento do artigo 19 da Convención.
Pago directo ao usuario.
Formación de usuarios para autoxestión de A.P.; apoio entre iguais.