Xornada: Asistencia sexual. Un dereito para a diversidade funcional

Corpos pendurados de fíos

A asistencia afectivo-sexual en Galicia

#AsistenciaSexualGalicia

*Pechado o prazo de inscrición

A sexualidade é inherente á vida de cada persoa. É parte de nós, parte das nosas vidas, parte das nosas necesidades fundamentais. Ter acceso á vida sexual é un dereito fundamental de todo ser humano.

Os dereitos respecto da sexualidade foron estabelecidos en Tratados de Dereitos Humanos Internacionais. A Convención Internacional sobre os Dereitos das Personas con diversidade funcional, ratificada polo Estado Español, expón que as persoas con diversidade funcional son seres humanos e teñen os mesmos dereitos que os demáis. A Convención anima á concienciación pública e a combater os prexuíxos para conseguir cumprir os dereitos negados ás persoas con diversidade funcional.

A dependencia de outros; a vergoña; a dificultade para manipular o corpo de alguén con diversidade; o descoñecemento do círculo familiar, social ou profesional; carecer dun marco legal específico... son a miúdo as razóns polas que os dereitos sexuais non lles son aínda nin recoñecidos nin respectados.

Cando se aborda a sexualidade das persoas con diversidade funcional, o asunto é moitas veces ignorado, considerado aínda un tema tabú. Non é tanto que a sociedade se negue ao recoñecemento deste dereitos fundamentais, máis ben descoñece que para levalos a cabo é necesario un apoio e un soporte específicos. Este apoio debe incluír a posibilidade de solicitar os servizos dun Asistente Afectivo-sexual.

Vigalicia é unha organización volcada na defensa da vida independente, do empoderamento e dos dereitos humanos das persoas con diversidade funcional. Non é allea a esta demanda social e quere contribuír ao debate público, axudar a promover políticas que teñan en conta o feito de que as persoas con diversidade funcional son individuos con necesidades e desexos sexuais.

Como se ten observado noutros países, esta experiencia mellora o estado xeral e psicolóxico das persoas con diversidade funcional. Descubrir ou retomar a sexualidade e manter encontros sexuais ou sensuais positivos melloran a súa autoestima, vólvense emocionalmente máis fortes e menos vulnerábeis á violencia sexual. A asistencia sexual, acompañamento íntimo e/ou erótico é para persoas adultas que senten esa necesidade e así o demandan.

Para que estas demandas se teñan en conta, esta xornada ten como obxectivo mostrar que as persoas con diversidade funcional teñen dereito ás experiencias sexuais e á asistencia necesaria para que poidan optar a unha sexualidade satisfactoria.

Data: 24 de novembro de 2015. Horario: De 9:30 h a 20:00 h.

Lugar: Facultade de Educación da USC. Campus sur, Santiago de Compostela. Localización.

Asistencia: Inscrición previa (pechado o prazo)

Organiza: VIgalicia. Colabora: USC e Secretaría Xeral de Igualdade

Evento en facebook

Entidades organizadoras e colaboradoras

Programa

Mañá

9:30 h. Presentación. Susana López Abella Secretaria Xeral da Igualdade.
Carmen Fernández Morante
decana da Facultade de Ciencias da Educación. Jose Antonio Nóvoa Romay, Foro de Vida Independiente.

10:00 h. Diversidade Funcional e Sexualidades: Unha cuestión de dereitos. Martina González Veiga: Psicóloga Sanitaria e Sexóloga, Vogal da Sociedade Galega de Sexoloxía e fundadora do Centro de Sexoloxía Con mucho gusto!

11:00 h. Testemuño dun Asistente Sexual. Dyon. Asistente sexual, Tandem Intimity.

12:00 h. Pausa café

12:30 h. A/o acompañante íntimo e/ou erótico para a diversidade funcional: Unha figura en construcción. Francesc Granja. Fundador e Presidente de Tandem Team Barcelona. Director do proxecto Tandem Intimity. María Clemente. Psicóloga e xerente de de Tandem Team Barcelona.

13:30 h. Mesa redonda público-participantes

Pausa para a comida

Tarde

16:00 h. Abordaxe da sexualidade en persoas con diversidade funcional. Emma Placer noriega. Sexóloga e directora de Salud&Placer.

17:00 h. Empoderamento e disidencias desde a sexualidade das persoas con diversidade funcional. Antonio Centeno: Promotor e co-director do proxecto ‘Yes we fuck’.

18:00 h. Asistencia sexual, aplicación en Galicia. Anxela López Leiceaga: Licenciada en derereto e Presidenta de Vigalicia.

19:00 h. Mesa redonda público-participantes

20:00 h. Clausura da xornada.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]