“Yes, we fuck” no Grove
O pasado venres 31 de marzo, proxectouse o documental Yes, we fuck! na sala da cuchas da da casa do Concello do Grove. O acto, organizado polo Centro Información á muller (CIM) do Concello de O Grove e contou coa presenza de Anxela López, membro do Foro de Vida Independente e presidenta de VIgalicia.
Anxela, participante no documental, agradeceu o apoio institucional, posto que ainda son poucos os Concellos que se atreven a proxectalo e debater sobre este tema tan vital e esencial para o ser humano
. Incidiu na importancia de visibilizar a sexualidade das persoas “diferentes” como algo natural e necesario, deses corpos que a sociedade non considera normais, que os discrimina e os oculta.
O documental “Yes, we fuck” vén a ser unha ferramenta moi útil e moi potente para mudar a maneira de percibir a diversidade funcional, empoderando ás persoas no ambito sexual, ese ámbito tan esquecido pola sociedade. Supón abrir un debate e reflexionar sobre a visión que se ten da diversidade humana (mulleres, transexuais, diversos funcionais…) establecendo alianzas con resto das persoas discriminadas.
A continuación comentou a necesidade que se abandone esa falsa crenza de enfermidade, incapacidade, submisión, infantilismo, suxeito pasivo, asexuado, digno de lástima e protección próprio do Modelo Médico –Rehabilitador e que se camiñe hacia un Modelo de Vida Independente, que é o que nos da control das nosas vidas grazas o apoio da Asistencia Persoal nas tafefas cotías e no sexual a Asistencia sexual e …que mellor maneira de facelo que a traves da sexualidade, mostrando eses corpos como desexables, capaces de dar e recibir pracer ao alcance de todos e todas cos espazos inclusivos e os recursos necesarios.
Como novidade aproveutou para dar coñecer outro proxecto “TUS MANOS, MIS MANOS“ (asistenciasexual.org) outro proxecto de Antonio Centeno e co que VIGalicia colabora.
Ao acto asistiu numeroso público, que seguiu con interese a proxección e despediu cun grande aplauso o final do documental. No debate houbo unha gran participación, animando a que pais e nais de persoas con diversidade intelectual tamén a visualicen, e que outros Concellos se sumen a esta iniciativa.