Raúl de la Morena e Antonio Centeno

“Yes, we fuck” en Ourense

Este xoves, ás 22:30h na Praza San Marcial, e organizado pola Asemblea Feminista de Ourense, proxectarase o documental Yes, We Fuck!, dentro das actividades de veránEarte 2015

No acto farase a presentacion do proxecto sobre diversidade funcional e sexualidade da man de Anxela Lopez Leiceaga e habera tamén petiscos solidarios.

Yes, we fuck! é un documental que quere abordar a sexualidade en persoas con diversidade funcional, xs chamadxs discapacitadxs.

Antonio Centeno, activista do movemento da Vida independente, e Raúl de la Morena, realizador de documentais, iniciaron este proxecto que quere visualizar, principalmente, o sexo en persoas con diversidade funcional e xerar así un novo imaxinario colectivo onde todxs, sen complexos, sen censuras, sen prexuízos e sen discriminacións, poidamos gozar do sexo.

Yes, we fuck! non é só un documental, senón un proxecto onde a xente participa, dialoga e, sobre todo, cuestiona; no que as redes sociais teñen unha importancia fundamental. Ademais, o proceso de elaboración está a servir para tecer alianzas entre diferentes colectivos que traballan politicamente cuestións vinculadas ao corpo e a sexualidade (diversidade funcional, feminismos, transfeminismos, LGBT, queer, intersex, gordxs, entre outrxs).