Xornadas “Saúde e Sexualidade”
A mesa redonda “Diversidade funcional e sexualidade” puxo fin á xornada coa intervención da presidenta de VIgalicia, Anxela López Leiceaga.
A sexualidade dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional foi o centro da intervención de Anxela, que falou do recurso da “asistencia sexual”, que explicou como unha ferramenta que empodera a persoa no ámbito sexual, nos permite acceder o noso corpo e a expresión sexual en igualdade de condicións respecto o resto dos cidadáns. Unha figura en construción e que xa existe noutros países e en España recentemente, aínda que non está recoñecida
. A sexualidade é un dereito humano recoñecido na Convención da ONU dos Dereitos das persoas con diversidade funcional, que ampara o ideario do movemento de Vida Independente. As institucións públicas deben velar polo cumprimento do disposto na mesma
, defendeu a Presidenta de VIgalicia.