Cartel da xornada

Xornada aberta sobre asistencia persoal e vida independente

Xustificación:

Divulgar e, ao mesmo tempo, afondar nas características do sistema de Asistencia Persoal como alternativa á institucionalización.

Dirixido a (principalmente):

  • Usuarios/as do proxecto piloto de asistencia persoal.
  • Persoas con diversidade funcional con necesidade de asistencia.
  • Entidades públicas e privadas no ámbito da diversidade funcional.
  • Individuos en xeral.

Data:

18 de outubro de 2008

Lugar:

Monte da Condesa, Campus Universitario – Santiago de Compostela. Localización. (É un lugar accesible en acceso e baño. O comedor é universitario e económico).

Duración:

De 11:00 h. a 19:00 h.

Programa:

11:00 h. Características e organización dun sistema de asistencia persoal baixo o paradigma da Vida Independente.

Relator: Juan José Maraña, membro de VIgalicia.
Charla

12:00 h. Pausa

12:30 h. Experiencia persoal no uso da Asistencia Persoal.

Relator: Alejandro Rodríguez Picavea, membro do Foro de Vida Independiente.
Charla

14:00 h. Pausa para comer

16:30 h. Experiencia de usuarios/as do Piloto AP

Relatores: Membros do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal

17:30 h. Futuro Sistema AP: constitución de estruturas que soporten servizos de asistencia persoal.

Relator: Antón Novoa, membro de VIgalicia
Charla

19:00 h. Fin

Organiza vigalicia, coa colaboración da USC

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros. Se segues navegando considérase que aceptas a política cookies. Máis información

As opcións de cookie neste sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerche mellor experiencia de navegación. Se segues utilizando este sitio web sen cambiar as opcións ou premes en "Aceptar" estarás consentindo as cookies do sitio. Aviso legal

Pechar