Webinar ‘Reconstruindo ferramentas para a Vida Independente’

Webinar ‘Reconstruindo ferramentas para a Vida Independente’

O coñecemento e a experiencia da Asistencia Persoal
dende a perspectiva do usuario


Data: 29 de abril de 2022

Horario: de 19:00 a 20:30 h

Webinar en liña: Aula Diversia (acceso libre)

Aula Diversia: Encontros chave na USC

Webinar organizado por Vigalicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre a vida independente e os elementos definitorios dun modelo xusto de asistencia persoal. Da man de membros do Movemento de Vida Independente, o coloquio abordará a figura da asistencia persoal como ferramenta chave para a emancipación das persoas con diversidade funcional e tratará de clarificar que características debe reunir calquera modelo de AP para poder consideralo axeitado ao mandato da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. En última instancia, este webinar busca realizar aportacións que poidan axudar aos decisores políticos na implementación dos instrumentos de apoio precisos para a construción de verdadeiros proxectos de vida independente.


Programa

Inauguración/presentación:
Anxela López, presidenta de VIGALICIA e Javier Agrafojo, Coordinador do Servizo de participación e Integración Universitaria da USC

Asistencia Persoal (AP) e Vida Independente
MODERA Rocío Lizcano, xornalista

— Asistencia Persoal como ferramenta de emancipación
Antonio Centeno, OVIBCN (Oficina de Vida Independente de Barcelona)

— Que é Asistencia Persoal e que non é AP?
Javier Arroyo, Foro Vida Independiente y Divertad (FVID)

— Regulación da Asistencia Persoal
José Antonio Nóvoa, VIGALICIA

— Demandas e exixencias de cara a un sistema de Asistencia Persoal xusto
Laura Fernández, FVIDSOLCOM