“Vivindo a sexualidade con Asistencia Sexual” en Pontevedra
O vindeiro venres, 13 de abril, Anxela López Leiceaga, presidenta de VIgalicia, estará en Pontevedra, participando na III Xornada sobre diversidade funcional adquirida organizado polo CIFP A Xunqueira, coa ponencia “Vivindo a Sexualidade con Asistencia Sexual”.
Falará da sexualidade das persoas con diversidade funcional dando unha visión dende a experiencia, inclusiva, empoderadora e libre, onde os límites só os pon a propia persoa, que vive, sente e goza da súa sexualidade, a través desas mans que ela mesma dirixe e controla en función das apetencias e dos desexos que en cada momento poida ter.