Encontro Provincial pola Inclusión

Vigalicia no III Encontro Provincial pola Inclusión

O III Encontro Provincial pola Inclusión, organizado pola Deputación de Pontevedra, está encamiñado a reflexionar e resaltar o papel e o esforzo das persoas con diversidade funcional.

O obxectivo é crear un espazo de aprendizaxe, intercambio e inspiración que promova a igualdade e a inclusión das persoas con calquera tipo de diversidade funcional e que expoña novas formas de participación, co obxectivo final de acadar unha provincia inclusiva e diversa e de darlles voz a todas as persoas.

Anxela López Leiceaga, presidenta de VIgalicia, intervirá o luns 29 de outubro ás 10:30 na Mesa redonda ‘Muller e diversidade funcional’.

O encontro terá lugar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Máis información e inscrición: depo.gal
Ver o programa do encontro.