VIgalicia no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
‘Nada sobre nós sen nós’ é o lema defendido por VIgalicia, asociación sen ánimo de lucro que promove a autonomía persoal e o empoderamento das persoas con diversidade funcional.
O faladoiro, organizado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, contará coa presenza de membros de Vigalicia e permitirá afondar aos presentes na filosofía e ideario da Vida Independente.
Data: venres 28 de setembro
Hora 17:30 h.
Lugar Sede do Ceesg. Rúa Lisboa, 20 – Baixo C. Santiago de Compostela.
A participación no faladoiro será gratuíta.
Por motivos de control do aforo, será necesario inscribirse previamente.
É membro do Foro de Vida Independiente desde os seus inicios. Foi cofundadora e vicepresidenta de SOLCOM e tamén cofundadora de VIgalicia, a entidade promotora e impulsora do proxecto de Asistencia Persoal en Galicia.
ANXELA LÓPEZ LEICEAGA
Presidenta de VIgalicia
É membro do Foro de Vida Independiente e foi representante de España da ENIL e membro da súa Xunta Directiva. Desde 2004, participa nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal. É fundador da SOLCOM, do Instituto diversidad e Inclusión e VIgalicia. Colaborou na creación da Federación de Vida Independente (FEVI).
JOSÉ ANTONIO NÓVOA
Membro de VIgalicia
Está vinculado ao MVI desde os años 90 do pasado século, e no 2001, xunto a outros activistas, colabora na creación do Foro de Vida Independiente. Participou en diversos congresos a nivel español e internacional. É cofundador de VIgalicia e participou na creación de SOLCOM.