Membros de VIgalicia á entrada de presidencia, en San Caetano

VIgalicia entrevístase co Presidente da Xunta

Membros do Movemento de Vida Independente en Galicia (Vigalicia) foron recibidos polo Presidente da Xunta de Galicia. Nesta audiencia puideron informar a Núñez Feijóo sobre os proxectos que esta entidade está a desenvolver para consolidar o Sistema de Asistencia Persoal para persoas con diversidade funcional, baseados nas premisas que avogan pola autoxestión dos recursos polo propios usuarios.

O Presidente e membros do seu Gabinete, a Conselleira de Traballo e a Directora Xeral da Dependencia, mostráronse receptivos ante a idea de consolidar o Sistema Galego de Asistencia Persoal recentemente implantado, para o que continuarán pormenorizando as liñas de traballo xa emprendidas en conxunto con Vigalicia.