VIGalicia denuncia a paralización dun proxecto de asistencia persoal
A asociación VIGalicia denunciou este venres en Santiago a finalización do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal que se puxo en marcha o mes de outubro do ano pasado, o que implica a retirada dos asistentes persoais que atendían aos 30 beneficiarios do proxecto.
Encerrado nunha gaiola na súa cadeira de rodas, Antonio Nóvoa defendeu a asistencia persoal de crear cidadáns en pé de igualdade
e apoiouse no artigo 19 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, onde se define o seu dereito á asistencia persoal que sexa necesaria para facilitar a súa inclusión na comunidade.
Nóvoa afirmou que o que fan suprimindo o proxecto é pecharnos en gaiolas, que son as casas, as residencias…
, de aí a posta en escena que elixiron para denunciar a súa situación. Para ser cidadáns nós precisamos de asistencia personal
, afirmou, tras o que denunciou que Vicepresidencia non semella estar disposta a facer cidadáns
.
Unha oferta insuficiente
Co proxecto que agora non terá continuidade 30 galegos percibían unha cantidade de 1.300 euros cos que tiñan garantida a atención persoal durante todo o día. Agora, unha vez cancelada esta iniciativa, a Xunta anunciou que tería continuidade, aínda que noutras condicións.
A oferta é cualificada de miseria por parte de Nóvoa. Recortarán uns 250 euros dás pensións, mentres que as axudas redúcense a 697 euros, que non chega para poder pagar 3 horas de asistencia
, polo que a oposición por parte do colectivo a esta medida é rotunda.
VIGalicia naceu no ano 2005 coa finalidade de sacar adiante este proxecto de asistencia persoal. En palabras de Juan José Maraña, membro da asociación, no seu momento fomos apartados deste proxecto como redactores e agora o somos como usuarios
. Así, o colectivo afirma que durante o período de execución do proxecto VIGalicia foi mantida á marxe de toda toma de decisións.
Dereitos Humanos, Xa! é a consigna da súa reivindicación, pois o que solicitan é que Galicia conte cun sistema asistencial respectuoso cos dereitos das persoas con discapacidade. Por iso, VIGalicia solicitou unha reunión con Vicepresidencia para dar solución e aclarar cal será o futuro dos 30 beneficiados polo proxecto piloto a partir do 30 de setembro.
Aarón López – FONTE: Galiciae.com