Anxela López Leiceaga

Vida Independente e Asistencia Persoal no CIFP Ánxel Casal

Este mércores, 25 de abril, Anxela López Leiceaga estará no CIFP Ánxel Casal da Coruña impartindo unha charla ao alumnado do ciclo medio de atención ás persoas en situación de Dependencia, sobre o Modelo de Vida Independente e o sistema de Asistencia Persoal en Galicia, recurso esencial para o empoderamento da persoa e alternativa á institucionalización forzosa por causa da diversidade funcional.