Escenificación

Vaiche boa!

A Oficina de Vida Independente de Galicia presentou esta mañá un novo número do seu boletín Vaiche Boa. Esta edición consiste nunha proposta informativa para dar a coñecer o perfil de VIGALICIA e a acción institucional que o equipo da OVI está a realizar para lograr un sistema de Asistencia Persoal Autoxestionada digno.

Neste número os lectores poderán achegarse aos aspectos máis destacados que teñen que ver co modelo proposto polo Movemento de Vida Independente e a xestión da OVI.

A intención desta publicación é a de conseguir chegar a cantas máis persoas mellor, facéndolles partícipes do traballo que este grupo de activistas polos Dereitos Humanos realiza, e facelo dunha maneira útil, a través de Internet e, a que así o desexe, da impresión a vontade. Por iso, convídase a facer a maior difusión deste boletín entre persoas a quen poida resultar de utilidade directa, e de todos os colectivos que traballan a favor da diversidade, a igualdade de oportunidades, a inclusión, e os dereitos humanos en xeral.

Grazas.