Colin Barnes

Colin Barnes

A idea de “vida independente”, tal e como a usa o movemento das persoas con diversidade funcional ao redor do mundo, é un concepto radical, firmemente arraigado nas tradicións ideolóxicas, culturais e pragmáticas da sociedade occidental. É un concepto radical porque expón un reto directo ao pensamento convencional sobre a discapacidade e combina unha solución tanto ideolóxica como práctica dos problemas diarios da contorna e culturais cos que se atopan as persoas con diversidade funcional e as súas familias. É máis, a noción de “vida independente” ten o potencial non só de resaltar a calidade de vida da xente directamente afectada pola diversidade funcional, senón tamén a doutros grupos desfavorecidos estruturalmente, tales como mulleres, grupos étnicos minoritarios, persoas maiores ou mulleres e homes homosexuais.