“Somos e sumamos” I Xornada de Diversidade Funcional
O próximo venres dous de decembro celébrase a I Xornada de Diversidade Funcional “Somos e sumamos”, organizada polo Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (GRUMICO) en colaboración coa Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña.
Os temas a tratar versarán, entre outros, sobre a figura do asistente persoal como recurso de equidade social; a educación inclusiva; a discapacidade no sistema de parella, maternidade e paternidade; asistencia sexual para a igualdade de oportunidades no exercicio da sexualidade.
Ás 11:15 Juan José Maraña González, membro de VIgalicia e co-promotor do proxecto de Asistencia persoal en Galicia, falará sobre “A asistencia persoal como un recurso de equidade”.
Ás 12:00 Anxela López Leiceaga, membro de VIgalicia, co-promotora do proxecto de Asistencia persoal en Galicia e do Proxecto de Asistencia Sexual intervirá con “A asistencia sexual, unha necesidade humana”.
Data: Venres 2 de decembro.
Horario: De 9:00 h a 20:00 h.
Lugar: Sesión de mañá – Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña (A Coruña) | Sesión de tarde – Sala multiusos do Pavillón de Deportes. Campus de Elviña (A Coruña).
A inscrición é gratuita ata completar aforo.