Sobre as prazas reservadas para usuarios de cadeiras de rodas no Teatro Principal de Santiago de Compostela

En relación con este asunto, quero manifestar que cada vez que asisto a unha representación no Teatro Principal, e diante da miña negativa a situarme nunha das dúas prazas contiguas reservadas ao fondo da sala, no mesmo espazo e sin posibilidade de elección, propio dun modelo médico rehabilitador*, desde as que se ve con dificultade a representación, acabo sufrindo discriminación e acoso por parte do persoal da sala ao non permitir que me situe no corredor diante do escenario á altura da primeira fila, alegando problemas de seguridade, situación esta que non interrumpe a evacuación da sala en caso necesario, toda vez que queda libre todo o corredor central e hai dúas saídas laterais de emerxencia, que discorrindo por detrás dos palcos de platea conducen directamente á entrada principal.

O último incidente, e do que se fixo eco a prensa, acontece o día 15 de abril do presente ano, cando asistía á representación de Os dous de sempre de Mofa e Befa, e onde sufrín a intimidación e o acoso por parte de determinadas persoas, entre elas, un dos actores protagonistas, o que propiciou que alguna persoas optaran por abandoar a sala e non asistir a función, otras manifestaronme o seu apoio ao remate da representación. A saída do acto estaba agardándome a policía nacional para proceder a niña identificación.

Debe atenderse o espíritu da Convención da ONU, tratando a diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos, non discriminación, igualdade de oportunidades e liberdade de elección.

* Visión paternalista e asistencialista da diversidade funcional que fai que se deseñen espazos illados non inclusivos provocando discriminación e acoso por parte do persoal encargado do teatro.

Normativa relacionada coa reserva de prazas nos locais públicos:

Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 38º.- Reserva de espacios en locais públicos

  • Os establecementos e recintos nos que se desenvolvan espectáculos ou acontecementos deportivos, as salas de conferencias, auditorios cubertos ou non, aulas e otros locais públicos con actividades semellantes, disporán de espacios reservados de usos preferente para persoas con mobilidade reducida con independencia do seu dereito a ocupar calquera outra localidade.
  • Estes espacios adecuaranse ás condición establecidas na base 2.3.5 do código de accesibilidade.

2.3.5. Aulas, salas de reunión e espectáculos.

As aulas, salas de reunións e de espectáculos deberán estar proxectadas de forma que poidan ser utilizadas, naqueles casos que regulamentariamente se dispón, por usuarios de cadeiras de rodas. Para tal efecto:

  • Os corredores intermedios terán un largo mínimo de 1,20 m
  • Disporanse espazos libres nos laterais dos corredores para usuarios de cadeiras de rodas, de dimensión mínimas de: 1,20×0,80 m.

Reserva mínima de prazas adaptadas en locais de espectáculos, salas de conferencias, recintos deportivos, auditorios, aulas e otros locais con actividades análogas.
De 251 a 500 prazas de capacidade total: 3 prazas de uso preferente.

CÓDIGO TÉCNICO DE EDIFICACIÓN. Documento Básico SUA Seguridad de utilización y accesibilidad
Sección SUA 9. Accesibilidad

1.2.4 Plazas reservadas

  1. Los espacios con asientos fijos para el público, tales como auditorios, cines, salones de actos, espectáculos, etc., dispondrán de la siguiente reserva de plazas:
    1. Una plaza reservada para usuarios de silla de ruedas por cada 100 plazas o fracción.
    2. En espacios con más de 50 asientos fijos y en los que la actividad tenga una componente auditiva, una plaza reservada para personas con discapacidad auditiva por cada 50 plazas o fracción.
  2. Las zonas de espera con asientos fijos dispondrán de una plaza reservada para usuarios de silla de ruedas por cada 100 asientos o fracción.

Anejo A Terminología
Plaza reservada para usuarios de silla de ruedas

Sus dimensiones son de 0,80 por 1,20 m como mínimo, en caso de aproximación frontal, y de 0,80 por 1,50 m como mínimo, en caso de aproximación lateral.
Dispone de un asiento anejo para el acompañante.

Proposta localización das prazas reservadas

  • Aforo del Teatro Principal: 434 localidades.
  • Número de prazas de reserva segundo o Decreto 35/2000: 3 unidades
  • Número de prazas de reserva segundo o CTE-DB SUA 9 (2022): 5 unidades
  • O Decreto 35/2000 indica que os espazos libres para usuarios de cadeiras de rodas, disporanse nos laterais dos corredores.

No Teatro Principal, só existe un corredor central, o que obriga a ubicar estos espazos libres nun lateral deste corredor, polo que podería situarse unha praza de reserva na primeira fila fronte ao escenario, outra praza nunha fila central e outra praza na última fila, o que posibilita ao usuario de cadeira de rodas a elección da praza e a disposición dun asento para o acompañante, eliminando a situación discriminatoria nun espazo único, e que habitualmente coincide coas zonas menos atractivas da sala.

Situación dos espazos reservados no plano do aforo

Posible situación das prazas reservadas para usuarios de cadeiras de rodas

Se estas prazas non foran ocupadas na súa totalidade por usuarios de cadeiras de rodas, podense colocar sillas nestes espazos vacios e así completar o aforo da sala.

Santiago, 17 de abril de 2026
Anxela López Leiceaga
Presidenta de VIgalicia