Imaxe da Segunda Foliada Diversa

II Foliada Diversa

O vindeiro 11 de agosto, celebraremos a II Foliada da Diversidade Funcional. Invitámosvos a participar nesta xornada co único obxectivo de compartir inquedanzas (¡e tortillas!), coñecer a novas persoas (¡e mascotas!), divertirnos e fortalecer os lazos de unión dos que xa levamos algúns anos defendendo que temos de ser libres para escoller o noso xeito de vida que nos afaste das residencias e promova a Vida Independente. Xa que fomos os pioneiros e pioneiras da implantación do Sistema de Asistencia Persoal en Galicia quizá sexa bo para alguén saber máis sobre el ¡que mellor momento entre tortillas e empanadas! 😉

Por certo, as “condicións” para asistir son:

  • Estar interesada ou interesado no Movemento de Vida Independente
  • Estar libre o día 11 de agosto.
  • Saber chegar á Area Recreativa “Agronovo”, (á beira do río Ulla), Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra, A Coruña. GPS: +42° 45′ 16.60″, -8° 24′ 29.55. Como chegar
  • Traer a comida e a bebida cada quen (alí non hai chiringuitos).

O lugar conta con baño accesible.

Sigue o evento no Facebook

Contacto: vigalicia@vigalicia.org

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros. Se segues navegando considérase que aceptas a política cookies. Máis información

As opcións de cookie neste sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerche mellor experiencia de navegación. Se segues utilizando este sitio web sen cambiar as opcións ou premes en "Aceptar" estarás consentindo as cookies do sitio. Aviso legal

Pechar