Participación de Anxela López Leiceaga na III Xornada sobre diversidade funcional adquirida
O pasado venres, 13 de abril de 2018, tivo lugar en Pontevedra a III Xornada sobre diversidade funcional adquirida, organizado polo CIFP A Xunqueira, contando coa participación de Anxela López Leiceaga, en representación de VIgalicia, coa ponencia que levou por título “vivindo a sexualidade con Asistencia sexual”.
Anxela falou sobre sexualidade dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional, que precisan de apoios para a realización da tarefas da vida diaria, incluíndo a actividade sexual. Tomando como base o Ideario do Modelo de Independente, explicou as diferenzas e semellanzas entre Asistencia Persoal e a Asistencia Sexual, ferramentas imprescindibles para construír unha identidade propia. Así como a Asistencia persoal son esas mans que a persoa elixe, e, que lle permiten decidir libremente como desenvolver o seu proxecto vital. A Asistencia Sexual, son outras mans igualmente elixidas, que liberan e empoderan á persoa no ámbito sexual, permitíndolle acceder ao propio corpo e a expresión sexual en igualdade de condicións ao resto dos cidadáns.
Nesta ocasión, fixo fincapé na defensa do recoñecemento da Asistencia sexual, como un dereito humano máis, coa fin de posibilitar o coñecemento e autoexploración do propio corpo, en función das necesidades e desexos de cada persoa, que conforme o previsto no artigo 23 da Convención da ONU dos Dereitos das persoas con diversidade funcional, podería ser unha das medidas a adoptar polos poderes públicos para garantir a igualdade no ámbito das relacións persoais.
Apelando, unha vez máis, a responsabilidade, dos medios de comunicación e das administracións públicas a hora de apostar por unha sexualidade inclusiva e libre como clave para ese cambio de mentalidade pasando de ser visto como un suxeito pasivo, que sofre, e que merece protección, a un suxeito activo, que vive, sinte e goza como calquera ser humano.
Acompañando a súa intervención proxectouse un vídeo co testemuño de Antonio Centeno activista do MVI e principal impulsor da Asistencia Sexual: creador de proxectos como o documental “yes, we fuck”, “tus manos, mis manos”, protagonista e coguionista da película “vivir y otras ficciones”; e o Testemuño Teo Vall, Asistente sexual.
Por outra banda, fixo referencia para rematar, a outro tipo de apoios que existen de carácter voluntario ou remuneración, como pode ser a prostitución, a exaculación asistida de Xapón e o acompañamento erótico, acompañando o vídeo de Dyon e do usuario Jesús ilustrando esta experiencia.
Cabe destacar que a intervención asistiu un numeroso público tanto de alumnado como de profesores, mostrando moito interese neste tema descoñecido para eles.