O rapaz con autismo de Vigo poderá continuar os seus estudos nun centro ordinario
Andrés García, o rapaz autista de Vigo que foi obrigado a escolarizarse nun centro de educación especial, poderá continuar os seus estudos no seu colexio de toda a vida, así como recibir neste mesmo centro a adaptación curricular que precise. Así o ditamina unha sentenza do xulgado do contencioso administrativo de Pontevedra, que recoñece o dereito do neno a unha educación inclusiva, e polo tanto, desestima os argumentos esgrimidos pola propia Delegación Provincial de Educación, quen esixiu, o pasado ano, o traslado de Andrés a un centro especial para rapaces con autismo.
O ditame aínda non é definitivo posto que a Consellería pode recorrer, pero Cecilio non oculta a súa satisfacción e insiste en que a maiores de que a sentenza beneficie a Andrés, cando esta sexa firme, poderá beneficiar tamén a moitos outros nenos
. Segundo explica o pai do pequeno, a decisión xudicial avoga pola inclusión
e por unha modalidade de educación combinada (educación ordinaria e especial) dentro dun mesmo centro
, que o neno poida estar nun mesmo entorno os cinco días da semana
e compartir espazos comúns con outros cativos nos recreos, en ximnasia e nalgunhas aulas
.
A decisión da Delegación Provincial de Pontevedra de trasladar a Andrés a un centro especializado tivo lugar o ano pasado, a raíz dun informe no que se que describía ao rapaz como un neno agresivo, que presentaba intereses diferentes dós dos seus compañeiros e advertíase tamén de que a aula de educación especial da escola era para rapaces con problemas psíquicos, e non para autistas, e polo tanto non apta para Andrés.
Cecilio sorpréndese de ter que explicar hoxe en día que o autismo é un problema psíquico
e informa de que a lei só recoñece tres tipos de aulas de educación especial: de tipo físico, sensorial ou psíquico e o autismo encaixa nesta última. Un informe da Unidade de Psiquiatría Infantil de Vigo, onde levan tratando ao seu fillo dende os 18 meses, cando se lle diagnosticou transtorno do espectro autista afirmou que Andrés non se pode considerar baixo ningún concepto agresivo
e que foi corroborado á súa vez por outro informe da propia pediatra do neno e sobre a diferenza de intereses entre os cativos Cecilio é breve e conciso: para iso existe a adaptación curricular
.
Educación combinada dentro do mesmo centro
A lei contempla a obriga de que se creen aulas de educación especial dentro dos centros ordinarios e só en casos excepcionais se derive aos rapaces a centros especializados
, dando forma a unha modalidade de educación combinada onde o neno non se ve obrigado a abandonar o seu entorno. Ata agora a Administración, como non quería dotar de aulas os centros, cando atopaban un caso fora da normalidade, enviábano a un centro especial, pero a súa obriga é a de crear un paso intermedio, que é a aula de educación especial dentro do centro ordinario
, asegura o pai de Andrés.
Temos a obriga e a necesidade de requirir á administración que doten de aulas de educación especial os colexios
, insiste consciente de que o María Inmaculada Carmelitas de Vigo é o único centro da cidade olívica cun aula destas características a pesar de que o número de alumnos xa supera o permitido pola lei.