O pracer dos corpos diversos: unha das chaves da vida independente. Intervención no Pontesan
Anxela López Leiceaga participou o pasado sábado na feira de saúde e benestar (Pontesan) celebrada en Pontevedra.
Iniciou a súa intervención agradecendo aos organizadores a invitación a participar nesta feira e explicando que VIGALICIA unha organización de dereitos humanos vinculada ao Movemento de Vida independente nado na década de 1970 nos EEUU co fin de mudar as miradas, reivindicando unha alternativa á institucionalización das persoas. Anxela aclarou que o modelo médico lle dá as costas aos dereitos humanos das persoas con diversidade funcional condenándonos a vivir baixo o sometemento institucional, ao marxe da sociedade, sen posibilidade de decidir e ter o control sobre a propia vida.
Destacou que para que as persoas con diversidade funcional poidamos ter o control e poder de decisión sobre os nosos corpos e as nosas vidas precisamos dunha ferramenta básica e fundamental como é Asistencia Persoal no ámbito cotián e a Asistencia sexual no eido sexual.
Explica que a ASISTENCIA SEXUAL tal e como se entende dende o Movemento de Vida Independente é un apoio humano ao exercicio da sexualidade cun mesmo ou con outra persoa con diversidade funcional. Insistiu en que non podemos confundilo coa prostitución nin entendelo como algo terapéutico ou caritativo.
Fixo referencia á importancia do documental “Yes, we fuck” e a película “Vivir y Otras Ficciones” na visibilización como seres sexuais, de ese corpos diversos que desfrutan dos praceres da vida, rompendo con esa falsa dicotomía Autonomía -Dependencia que conleva unha infantilización, de padecemento e de compaixón.
Defendeu a regulación dun pago directo de Asistencia sexual como un dereito humano máis a disposición de toda persoa con diversidade funcional, que o precise e desexe, co fin de garantir a igualdade de oportunidades, a liberdade e a autonomía persoal no acceso ao coñecemiento o autoexploración do propio corpo ou a unha relación sexual entre iguales, en base ao sinalado na seguinte normativa:
- Na Declaración universal de dereitos sexuais de Valencia de 1997 onde se recoñecen
os dereitos sexuais como dereitos humanos universais baseados na liberdade inherente, dignidade e igualdade para todos os seres humanos.
- No artigo 23 da Convención da ONU dos Dereitos das persoas con diversidade funcional e na observación nº 5 (2017) que di que:
Vivir de forma independente significa que as persoas con diversidade funcional conten con todos os medios necesarios para que poidan tomar opcións e exercer o control sobre as súas vidas, e adoptar todas as decisións que as afecten. A autonomía persoal e a libre determinación son fundamentais para a vida independente, incluídos o acceso ao transporte, a información, a comunicación e a asistencia persoal, o lugar de residencia, a rutina diaria, os hábitos, o emprego digno, as relacións persoais, a roupa, a nutrición, a hixiene e a atención da saúde, as actividades relixiosas e culturais, e os dereitos sexuais e reprodutivos”
3 Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo: onde se refire expresamente a “ atención específica ás persoas con diversidade funcional, a quen se garantirá o seu dereito á saúde sexual e reprodutiva, garantindo e establecendo para elas contornas accesibles e os apoios necesarios en función da súa diversidade funcional.”
Concluíu lendo un relato erótico de Soledad Arnau (“Habitación“) e afirmando que a Asistencia Persoal e a Asistencia sexual, os contornos accesibles e os ambientes inclusivos, son as chaves que precisamos para poder acceder a unha Vida Independente e, construír así, unha sociedade más xusta e igualitaria, onde o desenvolvemento dunha sexualidade para todas ocupe un lugar central nas políticas públicas, lonxe de esa concepción parternalista e caritativa que nos trata como obxectos e non como titulares de dereitos.
