Membros de VIgalicia e público asistente ao acto

O CEESG e VIgalicia xuntos no compromiso pola xustiza social e os dereitos humanos

O pasado venres 28 de Setembro tivo lugar un encontro no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, presentando a Oficina de Vida Independente de Galicia (VIGalicia). Nun faladorio que durou máis de duas horas tratouse do labor que VIGalicia ven realizando dende hai xa máis de dez anos, facendo difusión do paradigma de Dereitos Humanos amparado na Convención da ONU acerca dos dereitos das persoas con discapacidade, así como de outros temas específicos de interese dos asistentes, como a deriva mercantil do asistencialismo ou a propensión institucionalizadora no sector da discapacidade a da debilidade dos dereitos civís e da inclusión das persoas con diversidad funcional en Galicia e España.

Dende o Colexio de Educadores Sociais de Galicia mostrouse unha disposición favorable ao movemento de Vida Independente, que considera á persoa como un suxeito de Dereito, activo e partícipe nas políticas de inclusión que lle afectan, e a colaboración na labor compartida de mellorar o benestar e acadar unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Logo da charla abriuse un interesante debate, con un público moi receptivo ás ideas propostas, que achegou suxestións de posibles solucións aos problemas tratados.

Vigalicia aproveitou a ocasión para animar ao colectivo de educación social a participar no 2º Congreso Europeo de Vida Independente, que se vai celebrar en Valencia os días 25 e 26 de Outubro, e se poderá seguir por streaming.