Marita Iglesias Padrón

MARITA IGLESIAS

Membro de VIgalicia

Marita Iglesias Padrón faleceu en agosto de 2013

Formadora e experta en temas de violencia, xénero e diversidade funcional. Membro do Foro de Vida Independiente desde os seus inicios e fundadora de AIES, Vigalicia e SOLCOM. Centrou a súa actividade en cuestións de violencia, xénero e igualdade de oportunidades. Durante varios anos, impartiu o “Curso sobre Violencia contra Mulleres con Diversidade Funcional”. Desde 2004, participa nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal.

Posuía unha longa experiencia profesional en proxectos desenvolvidos no marco de distintas Iniciativas e Programas da Unión Europea, entre os que destacan os relacionados coa violencia sobre mulleres pioneiros en España e precursores de posteriores iniciativas e estudos no ámbito da muller con diversidade funcional a nivel nacional e internacional. Formou parte do equipo de expertas creado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para o deseño e posta en marcha do I Plan de Acción para as Mulleres con Discapacidade.

Participación e colaboracións

  • Membro da INWWD (International Network of Women With Disabilities), coordinando o Grupo de Debate sobre Violencia.
  • Membro do equipo de expertas creado polo Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales para o deseño e posta en marcha do I Plan de Acción para las Mujeres con Discapacidad (2007)
  • Ata o ano 2001, membro do Grupo Europeo de Mulleres con Discapacidade, integrado no European Disability Forum, representando a Disabled Peoples' International (DPI-Europe).
  • Coordinadora de diversos Consorcios Transnacionais, programas relacionados coa aplicación das novas tecnoloxías á discapacidade, teletraballo e ensino on line, etc., todos eles encadrados na Iniciativa Emprego-HORIZON da Comisión Europea.
  • Premio «Pallin» da Fundación Amigos de Galicia ao labor social en favor dos dereitos das persoas con discapacidade.

Publicacións

  • "Mujer y Discapacidad: Buenas Prácticas", IMSERSO, 2001
  • "Mujer con discapacidad y su situación socio-laboral en dos Comunidades Autónomas: Galicia y Andalucía", G. Shunt, A. Conde, M. Iglesias, Edit. PAIDEIA, 1998.
  • "Informe sobre la violencia y la mujer con discapacidad", AIES, 1998
  • "Guía sobre violencia y mujer con discapacidad", AIES, 1998.
  • Participación na publicación “Perspectivas de la violencia de género” ISBN 978-84-937730- 1-4, Editorial Grupo 5, Madrid, 2011
  • Participación no libro “El acceso al empleo y a la universidad de las personas con discapacidad. Barreras y alternativas”, Universidade de Burgos, 2003.
  • Participación na publicación europea do Libro Guía de Buenas Prácticas en la Unión Europea, HELIOS II, Comisión Europea, DG-V, 1996.
  • Participación na publicación europea Informe de Actividad Anual del Sector de Integración Económica de HELIOS II, realizado en 1995 e 1996.