JUAN JOSÉ MARAÑA
Membro de VIgalicia
Sobre Juan José Maraña
Realizou estudos de Filosofía e profesionalmente, á parte doutros empregos, traballou en ONG de persoas con diversidade funcional e como consultor social.
Está vinculado ao Movemento de Vida Independiente (MVI) desde os años 90 do pasado século, e no 2001, xunto a outros activistas, colabora na creación do Foro de Vida Independiente.
Participou en diversos congresos a nivel español e internacional, especialmente no Primeiro Congreso Europeo de Vida Independente, celebrado en Arona (Tenerife) en abril de 2003, no que estiveron presentes máis de 400 persoas de 15 países, e no que se deron cita as mulleres e homes máis significativos do MVI en Europa. Para este congreso desenvolve as tarefas vinculadas á Secretaría Científica do mesmo.
Desde 2004, colabora nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal. Foi vicepresidente da Federación de Vida Independente (FEVI) e participou na creación de SOLCOM. É cofundador de VIgalicia, e na actualidade segue formando parte da súa directiva.
Consultoría social para
Outras tarefas
Colaborou na realización e impartición dos materiais didácticos contemplados no curso para USUARIOS do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal en Galicia, para o Centro de Documentación para la Vida Independiente (CEDOVI, USC), así como para otras organizacións, vencelladas ao MVI.
“As persoas con diversidade funcional afirmámonos como cidadáns de pleno dereito, non como suxeitos marxinais, perceptores pasivos de servizos sociais. Esta obviedade segue sen tomar carta de natureza na concepción máis política da comunidade”.
Como editor e escritor
Como editor impulsou a divulgación do ideario de Vida Independente desde 1997/98 a través de Diversitas Ediciones, coa que editou e distribuiu algunhas publicacións de referencia. Á parte de artigos, é autor dos libros Vida Independiente: nuevos modelos organizativos e La experiencia de la independencia e coautor de El Movimiento de Vida Independiente. Experiencias internacionales