
JOSÉ ANTONIO NÓVOA
Membro de VIgalicia
Sobre José Antonio Nóvoa
Realizou estudos de Patrón de Pesca e Cabotaxe, Informática de xestión, Xestión do Medio Ambiente e Socioloxía.
Profesionalmente traballou como tripulante de buque de pesca litoral, Formador en informática de xestión e ofimática, Analista e desenvolvedor de aplicacións informáticas. Promotor Social de redes comunitarias e organizacións de base nos ámbitos local, autonómico, estatal e europeo.
Na área relacionada coa diversidade funcional ten experiencia desempeñando funcións de asesoría, coordinación e dirección executiva en diversas ONGs de Acción Social e de Vida Independiente.
É membro do Foro de Vida Independiente desde a súa creación e participou no Primeiro Congreso Europeo de Vida Independente, celebrado en Arona (Tenerife) en abril de 2003, no que estiveron presentes as mulleres e homes máis significativos do MVI en Europa. Foi representante de España da ENIL e membro da súa Xunta Directiva.
Desde 2004, participa nas accións que culminan coa aprobación do sistema galego de asistencia persoal. É fundador da SOLCOM, do Instituto diversidad e Inclusión e VIgalicia. Colaborou na creación da Federación de Vida Independente (FEVI).
Sexamos claros, trátase de escoller entre manter a dominación dos invisibles, os dependentes, os sen parte, ou pór os esforzos en visibilizar, mesturarnos, ás persoas diversas como cidadás e cidadáns libres e iguais, formando parte da experiencia humana corrente, común.