
ANXELA LÓPEZ LEICEAGA
Presidenta de VIgalicia
Sobre Anxela
Foi unha das primeiras mulleres con diversidade funcional de Galicia en estudar en centros ordinarios e cursar estudos superiores. No periodo 2002-2010 foi asesora xurídica no movemento asociativo tradicional.
É membro do Foro de Vida Independiente desde os seus inicios e foi cofundadora e vicepresidenta de SOLCOM. Desde 2010 é Presidenta de VIgalicia, entidade da que tamén foi cofundadora.
Participou no proxecto Yes, we fuck!, un documental que quere facer visible o sexo en persoas con diversidade funcional e xerar así un novo imaxinario colectivo onde todos, sen complexos, sen censuras, sen prexuízos e sen discriminacións, para que todos poidamos gozar do sexo. Presentou o documental en diversas cidades e vilas de Galicia: Compostela, Ourense, Ponteareas, Allariz, O Grove, etc.
Formación
Premios e recoñecementos
Cursos e xornadas
Foi formadora de asistentes persoais en diferentes cursos e participa como relatora en diversas xornadas, tratando temas como Vida Independente, Asistencia Persoal, Convención CRPD, sexualidade, asistencia sexual e dereitos das persoas con diversidade funcional.
A sociedade non considera ás persoas con diversidade funcional como cidadáns de pleno dereito que aspiran a ter unha vida propia. Seguen véndonos como seres incapaces, sen dereito á intimidade, indefensos, enfermos, suxeitos de caridade, de protección e de tutela.