Lembrando a Adolf Ratzka no CIFP A Xunqueira
O venres, 11 de Outubro, Anxela López estivo en Pontevedra convidada pola docente Irene Sánchez do CIFP A Xunqueira, para charlar e debater sobre Vida Independente e Asistencia Persoal co alumnado/a do ciclo superior de integración social e de Atención ás persoas en situación de Dependencia.
Centrando a charla na experiencia e ensinanzas de Adolf Ratzka, falecido o pasado 21 de Xullo, un dos pioneiros do Movemento de Vida Independente en Europa, cofundador da ENIL no ano 1989, da que VIGalicia forma parte, visualizando un relatorio do 2021 en Arxentina que leva por título ”Políticas nacionales de Asistencia Personal:..”
Atendendo ás inquedanzas do alumnado/a sobre como se está a aplicar a LEPAP e o Decreto 142/2023, do 21 de setembro da Xunta de Galicia que a desenvolve, fixo fincapé unha vez máis no fracaso das políticas públicas dirixidas a atender as necesidades das persoas con diversidade funcional, onde se sigue mantendo esa visión capacitista, esa cultura da Dependencia, que nos discrimina, que nos considera como obxectos de coidados, sen posibilidade de control sobre as nosas vidas.
Resaltando que todo este imaxinario, propio do modelo médico-rehabilitador, se reflicte na normativa precitada, vulnerando os dereitos humanos recoñecidos na Convención da ONU a vivir de forma independente e a ser incluídos na comunidade.
Comentou a nova publicada recentemente no Diario.es, do 7 de Outubro:
El Congreso debate por tercera vez en siete años una ley para reducir los copagos en dependencia
El Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 ha emitido un informe favorable a la iniciativa legislativa popular, cuya tramitación está atascada en la Cámara desde 2017 y que pretende eximir a personas con ingresos inferiores a 1.500 euros al mes.
Aclarando que esta é un exemplo máis das medidas caritativas que se seguen a adoptar e agardando que a Asistencia Persoal fique á marxe deste debate, pois non pode supor ningunha contribución financeira aos usuarios, por ser un dereito básico e fundamental que nos permite vivir en igualdade de oportunidades cos demais.
Apelando á poboación en xeral, aos medios de comunicación, ás formacións políticas, ás administracións, a que tomen conciencia da importancia e da necesidade de que se visibilice e se fortaleza xa, sen máis demoras, a Asistencia Persoal.
Mencionando, especialmente, ao Congreso e o Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, instándoos a que promovan e promulguen, o antes posible, unha Lei específica de Asistencia Persoal acorde co art. 19 da Convención e a súa observación nº5 (2017), construíndo, na maior brevidade posible, unha alternativa real á institucionalización das persoas.
Remata a súa intervención cunhas frases in memoriam:
Mentres consideremos a nosa condición como traxedia, teranos mágoa.
Mentres nos avergoñemos de quen somos, as nosas vidas serán consideradas inútiles.
Mentres permanezamos en silencio, os demais diranos o que debemos facer.Adolf Ratzka 2005
A continuación, deuse paso ao debate no que se trataron temas coma a perpectiva de Xénero dentro da Diversidade Funcional e as posibles razóns para a invisibilización da Asistencia Persoal.