Igualdade e Vida Independente no CIFP Compostela
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Anxela López foi convidada por Concha Fernández ao CIFP Compostela a dar unha charla sobre muller con diversidade funcional e Vida Independente ao alumnado/a de 1º de integración social.
A Presidenta de VIgalicia centrou a súa intervención na demanda de inclusión da diversidade funcional nas políticas de igualdade e dereitos humanos, o que suporía deixar de tratar de xeito “especial” a este grupo humano, os chamados “dependentes”, que baixo o modelo médico seguimos sendo percibidas como seres inferiores, vítimas, asexuados e meros destinatarios de servicios sociais. Anxela fixo fincapé en que todas somos suxeitos de dereito e por conseguinte temos que ser aceptadas e recoñecidas como parte da diversidade humana.
Lembrou o manifestado pola súa compañeira Marita Iglesias, cofundadora de VIGalicia e experta en temas de Xénero:
“En que parte do universo dos dereitos humanos recoñecíbeis en 1948 non encaixamos até 2006?”.
Referíndose a Convención da ONU
“O cambio de mentalidade ten que ser radical, debemos pasar de entender a sociedade como algo aparte dos grupos que ela mesma exclúe a entender a sociedade como o conxunto dos grupos que significan a diversidade humana. Se non, seguiríamos falando de excluíntes e excluídos”.
2004
Citou tamén frases e fotografías de Judy Heumann, Emilia Pardo Bazán, Rosa Park, a Elisa e Marcela… comentando que todas elas veñen a reivindicar o mesmo que o movemento de Vida Independente: non submisión, empoderamento e o dereito a decidir por elas mesma sobre o seus corpo e a súas vidas . Só que para nós é imprescindible tamén contar Asistencia Persoal autoxestionada e Asistencia Sexual para acadar esa igualdade.
Deixou claro que a Asistencia Persoal é para todo tipo de Diversidade funcional lembrando que pasado mes de Setembro entrou en vigor a Lei 8/2021 de 2 de xuño que ven a garantir o apoio na toma de decisións da persoas con diversidade funcional intelectual adaptándose ao mandato dos artigos 12 e 19 da convención ONU, seguíndoo en lectura fácil.
Esta vez visualizase unha parte da intervención de Laura Fernández Cordero e Laura Aínsa Castañer (2º congreso de Vida Independente 2018) e parte do documental sobre Vida Independente en Portugal (Maio 2021).
Para rematar, agradeceu a Jairo Cortegoso, un alumno de 2º de integración que xa presentara a Anxela López o traballo exposto sobre muller con diversidade funcional na que se incluía xunto con ela a Soledad Arnau, Alison Lapper, Frida Khalo, entre outras..