HOMO SACER – perfomance

Cando a ideoloxía normalizadora sinala que un individuo é Homo Sacer, os mecanismos que desposúen a súa vida de valía política exclúeno nun sumidoiro existencial.

Está pero non está, é pero non é, pertence pero non pertence ao inventario humano normal.

Suxeitos liminais e axustables a demanda do mercado, por lei e por relato: humanos sacros.

Exordio, Normalización, Interferencia, Redención, Admonición.


Homo Sacer é unha idea orixinal de Antón Nóvoa, realizada no Museo Eugenio Granell e nas rúas en Santiago de Compostela, o día 31 de agosto de 2017.

Interveñen: Antón Nóvoa, Maguette Ciss, Paris Lakrima