Anxela López Leiceaga e Martina González Veiga durante una das sesións de formación

Formación en dereitos humanos e sexualidade en DOWN Galicia

DOWN Galicia organizou unha formación en sexualidade dende unha perspectiva profesional e humana dentro do marco da Convención ONU. Dirixida aos seus profesionais, tivo 10 horas de duración, foi repartida en dúas sesións e desenvolveuse nos meses de setembro e outubro. Foi impartida por Anxela López Leiceaga, presidenta de VIgalicia, xunto coa séxologa Martina González Veiga.

O obxectivo da formación foi que os profesionais adquirisen uns coñecementos básicos en dereitos humanos e en sexualidade dende un visión crítica co modelo dominante e poder así, atender, educar e apoiar ás familias e ás propias persoas con Trisomia 21 neste eido.

A formación serviu para transmitirlle aos participantes outras maneiras de pensar e de actuar. Que os profesionais logren servir de intermediación na consecución das ferramentas que permitan que a persoa, independentemente da súa diversidade intelectual, poida vivir e desenvolver a súa sexualidade libremente, tendo en conta os seus desexos, gustos e preferencias. En definitiva, que se faga realidade este dereito humano tal e como se recoñece nos art. 12, 23 e 25 na Convención ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional.
Anxela López Leiceaga e Martina González Veiga