Anxela López co alumnado e profesorado do CIFP A Xunqueira

Dereitos, non caridade

O pasado 10 de outubro, Anxela López volveu ao CIFP A Xunqueira en representación de VIGALICIA para falar de Vida Independente e Asistencia Persoal.

Anxela insistiu na necesidade de superar esa concepción parternalista-caritativa das persoas con diversidade funcional propia do modelo médico que nos impide desenvolvernos na vida como o resto dos seres humanos.

Lamentou que despois de máis de dúas décadas difundindo a filosofía do Movemento de Vida Independente se sigan confundindo conceptos de suma importancia para acadar a liberdade e a igualdade a que todas aspiramos, tales como independencia, autonomía e asistencia persoal.

Expresou que a mención aos servizos residenciais do artigo 19 da Convención non debe servir para xustificar o mantemento das institucións, posto que se refire os servizos de apoios comunitarios destinados a garantir a igualdade e a non discriminación no exercicio do dereito das persoas con discapacidade a acceder a unha vivenda accesible.

Salientou que debemos mudar esa idea xeneralizada da dicotomía autonomía-dependencia, e entender que unha persoa pode ser autónoma si dispón dos medios e recursos que posibiliten o control e a toma decisións sobre a nosa existencia. Isto quere dicir que calquera actividade cotiá que se dixese realizar se faga dun xeito libre, onde o “outro” é quen fai posibles os nosos desexos ou dereitos, por exemplo EU DECIDO SE ME DUCHO ANTES DE ALMORZAR OU NON / NA CASA, FÓRA OU SE VOU AO CINE OU QUEDO NA CASA VENDO UNHA PELÍCULA).

Fixo referencia o proxecto de lei do goberno do Estado que reforma a LEPAP, subliñando un dos aspectos positivos do mesmo, como é a desvinculación da actividade formativa ou laboral para acceder ou conservar a asistencia persoal. lembrando o sinalado polo CDPD:

“Todas as medidas de desinstitucionalización deben incluír ás persoas de idade con diversidade funcional, incluídas aquelas con demencia que estean internadas en institucións ou que corren o risco de ser institucionalizadas”.

Para rematar apelou unha vez máis ao compromiso polo dereitos humanos de toda a diversidade humana, lendo unha frase de Martin Luther King:

“Comprométete coa nobre loita polos dereitos humanos, serás unha mellor persoa e farás que o teu país sexa unha gran nación e un mellor mundo para vivir”.

Para finalizar abriuse unha rolda de preguntas e dúbidas na que os alumnos se mostraron especialmente interesados no funcionamento da asistencia sexual o no rol dos asistentes sexuais e as diferencias e similitudes co do asistente persoal.