Da institucionalización á Vida Independente, homenaxe a Soledad Arnau
Neste mes de Novembro, Anxela López impartiu dúas charlas a través de videoconferencia. O venres 12 no IES Marco de Camballón (Vila de Cruces) e a outra o mércores 24 no CIFP de Portovello (Ourense). O público eran futuros profesionais de atención ás persoas en situación de Dependencia.
Comezou a súa intervención falando dos mesmos temas que en relatorios anteriores; das diferentes visións da diversidade funcional ao longo da historia, do labor da Oficina de Vida Independente, do Movemento de Vida Independente e da súa vinculación coa Asistencia Persoal.
Como novidade, fixo especial mención ás persoas con diversidade intelectual, comentando a entrada en vigor o pasado mes de setembro da Lei 8/2021 de 2 de xuño que vén garantir o apoio na toma de decisións da persoas con diversidade funcional intelectual adaptándose o mandato dos artigos 12 e 19 da Convención da ONU, visualizando esta vez en lectura fácil.
Tamén se introduciu a importancia da sexualidade na vida independente, lembrando as palabras da compañeira recentemente falecida Soledad Arnau, unha das pioneiras do Movemento de Vida Independente en España:
“Sin sexo, no hay independencia, no hay justicia, no hay igualdad, no hay dignidad, no hay derechos humanos.”
Soledad Arnau Ripollés, 2015
Na súa memoria, proxectouse unha entrevista realizada no 2015 no programa “la aventura del saber.
Para rematar, deuse paso a un breve coloquio, sobre os temas tratados, onde se responderon a diversas cuestións formuladas tanto polas profesoras como polas alumnas.