Crip Camp: A Disability Revolution

‘Crip Camp’: a descoñecida historia do campamento de verán onde se xestou o movemento polos dereitos civís das persoas con diversidade funcional en EE.UU.

Un singular campamento hippie nos anos 70 para mozos con diversidade funcional é o punto de partida de Crip Camp, un premiado documental que explora a loita deste colectivo por alcanzar a igualdade de dereitos en EEUU.

A colonia estival promoveu un ambiente no que os adolescentes podían ser adolescentes sen todas as etiquetas e estereotipos e esquecerse da marxinación ou abusos que sufrían nas súas escolas e barrios. Ese espazo de integración e respecto mutuo contrastaba cunha sociedade estadounidense que ás veces os ollaba coma cidadáns de segunda clase.

O documental relata o esgotador camiño percorrido polas persoas con diversidade funcional en EE.UU. para combater a discriminación desde a iniciativa dun campamento rodeado de ambiente contracultural que abriu os ollos a moitos. Déronse conta de que o problema non viña das persoas con diversidade funcional senón de quen non tiñan diversidade funcional.

Un dos puntos de maior interese do filme é o material gravado no campamento, unha metraxe, chea de momentos emotivos e espontáneos.

Crip Camp non se limita só a rememorar o especial que foi aquel lugar, senón que o coloca como un espazo crave na loita polos dereitos civís das persoas con diversidade funcional, xa que varios dos mozos que asistiron ao campamento logo encabezaron esas reivindicacións no plano político e lexislativo.

Para velo traducido:

  • Activar subtítulos na icona inferior do vídeo
  • En configuración elixir tradución automática e idioma.