Anxela López co alumnado e profesorado do CIFP Anxel Casal

Comprometidos coa diversidade funcional no CIFP Anxel Casal

O pasado 20 de Maio tivo lugar o encontro con VIGalicia no CIFP Anxel Casal da Coruña.

Anxela López, unha vez máis, agradeceu a invitación a charlar e a debater coa docente Ruth Barreiro e o seu alumnado sobre Vida Independente e Dereitos humanos, aclarando que a pesares de ser conceptos que a priori parecen fáciles de entender e comprender, no eido da diversidade funcional é más complexo e difícil do que imaxinamos. A influencia do modelo médico centra o problema nun déficit da persoa baixo unha visión paternalista e caritativa que fai que a sociedade negue sistematicamente os nosos dereitos humanos e apenas se avance no recoñecemento da diversidade funcional como unha manifestación máis da diversidade humana.

Lembrou o traballo intenso que veñen realizando durante décadas todas as entidades vinculadas o Movemento de Vida Independente, en prol dun cambio de paradigma co fin de que todos os seres humanos poidamos vivir nun mundo máis xusto e igualitario. Salientou o logro no ano 2006 ao dereito a unha Vida Independente e a inclusión comunitaria disposto no artigo 19 da Convención da ONU, que tal e como se sinala na súa observación n5:

A vida independente e inclusiva na comunidade é unha idea historicamente procedente das persoas con diversidade funcional que reivindican exercer o control sobre o xeito en que queren vivir, mediante a creación de formas de apoio que potencien o pleno exercicio dos seus dereitos, como a asistencia privado, e piden que as instalacións comunitarias axústense aos principios do deseño universal”

Subliñou que todo ese falso ideario que se ten interiorizado en torno a diversidade funcional é un dos motivos polos que seguimos a ser discriminados. Perpetúase así a cultura da dependencia fronte a autonomía persoal. Isto se traduce na práctica nunha carencia de apoios tanto en Asistencia persoal/sexual. coma na creación e deseño de espazos segregados e afastados, resultando na imposibilidade de elixir e controlar a túa vida como fan o resto dos seres humanos. Citou exemplos coma os centros residencias, centros de educación especiais, de traballo, creación de espazos especiais en cines, teatros y espectáculos, etc.

Lamentou que se preste máis atención ao dereito a unha morte digna, coma no caso recente de Noelia, que tivo unha ampla cobertura mediática e provocou un intenso debate apelando a súa dignidade, a súa autodeterminación para poñer fin a súa vida. Con todo, non sen cuestiona a falta de medios e recursos para vivir unha vida digna en liberdade porque se, as persoas con diversidade funcional sufrimos moito, aflorando as veces ese sentimento de inferioridade e con ganas de desaparecer, máis non pola nosa condición senón polo discriminación que temos que soportar e pola falta dunha alternativa real á institucionalización. Para rematar citou a frase de Judith Heumann:

“A diversidade funcional só se convirte en traxedia cando a sociedade falla en proveer as cousas que precisamos para liderar as nosas vidas”

E visualizouse parte da entrevista de Javier Romañach en “las Cerezas”.