Compañeiros e compañeiras do proxecto piloto de asistencia persoal

Despois da xornada informativa que vivimos onte na Xunta, presidida pola directora da FUNGA e máis o subdirector xeral de discapacidade para informar da finalización do proxecto piloto de AP, VIgalicia quere comunicarvos o seguinte:

1º Conclusións acadadas despois da xornada do martes:

  • Queren disolver o proxecto sen máis explicacións.
  • Queren usar os baremos da Lei de Dependencia como criterio excluinte para aqueles usuarios e usuarias que non acaden o Grao III, nivel II e I
  • Deixan fora a toda persoa que non se someta a valoración segundo establece dita lei ainda que precise axuda de outra persoa para a vida diaria.
  • Disminuen as prestacións.
  • Desaparece o complemento de axuda de 3ª persoa das nosas pensións.
  • Aplicarán o copago.
  • Teremos que ou ben darnos nós de alta como empresarios para poder contratar o noso AP ou ben será o AP que o faga.
  • Só, se adxudicará AP se estudiamos ou traballamos.
  • Non se esta a cumprir co ideario do Movemento de Vida Independente no que se basa un sistema de asistencia persoal.

2º Ultimas informacións:

  • Comprobade que as mensaxes de vigalicia@vigalicia.org non foron enviadas á carpeta spam do voso correo. Se é así engadide a dirección á lista de contactos para que no sucesivo vos vaia á carpeta de entrada.
  • VIgalicia ven de enviar ós medios un comunicado de prensa que aparecerá no dia de mañá. Visitade a miudo a nosa web para a súa lectura e para manterse informado das últimas novas www.vigalicia.org
  • COGAMI está chamar aos usuarios e usuarias para informar (sen competerlle tal función) de que recibiron instrucción de que o piloto continuará nas mesmas condicións que ate o de agora para aqueles que presentaran a valoración.
  • Antón Novoa, recibiu esta mañá unha chamada da Sub-Secretaria Xeral do Benestar, Chus Lago, para que Antón transmitira a todos nós a seguinte información: a Sub-Secretaria lamenta a xornada de onte e desautoriza o dito polo FUNGA xa que o proxecto continuará.
  • Non cumplen coa Proposición Non de Ley aprobada no Parlamento de Galicia.

3º Puntos que nós, como usuarios e usuarias de asistencia persoal imos defender:

  • Nin un paso atrás do acadado ate o de agora, aínda que insuficiente, é un principio.
  • Niguén excluido pola súa valoración: 30 eramos e 30 seremos
  • Non admisión de criterios de valoración derivados da Lei de Dependencia xa que non foi pensada para as nosas necesidades.
  • Non ao copago.
  • Non a cargar enriba dos 1300 euros de agora os costes de contratación, nin o complemento de 3ª persoa.
  • Non a limitar a AP para o estudo e o traballo.
  • Non a calqueira alternativa que se afaste dos principios de Vida Independente.
  • Non a formación de AP’s por axentes externos: so nós podemos formar ós nosos AP’s, só nós somos os únicos expertos da nosa vida.
  • Non a esta prolongación do proxecto un mes máis xa que o único que queren é desactivarnos e calmarnos para que dentro de un mes se repita a historia.

Accións que VIgalicia vai emprender e para as que solicita a participación de todas as persoas afectadas: usuarios, asistentes personais e familiares:

  • Comunicado de prensa informando da situación esperpéntica vivida onte na Xunta.
  • Carta informativa ao Parlamento de Galicia e aos Grupos Parlamentarios que foron os que nos respaldaron nos comenzos de este proxecto.
  • Convocada unha rolda de prensa para o venres día 26 na entrada principal da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela (ao lado da Xunta) para informar ós medios. A rolda de prensa terá lugar dende o interior da Xaula que xa usamos noutras ocasións, vede esta performance.
  • Outras accións. Se precisa saber quenes estarían dispostos a participar nelas. Por favor, contactade con vigalicia
  • Solicitar que os AP’s se mobilicen tamén e fagan algún tipo de comunicado ou accións que decidan.

¡NADA SOBRE NÓS SEN NÓS!