Charla no IES de Chapela
O pasado 4 de febreiro, estivemos no IES de Chapela impartindo unha charla para o alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
No acto falouse do Modelo de Vida Independente, o sistema de Asistencia Persoal en Galicia, o funcionamento das Oficinas de Vida Independente e a figura do asistente persoal.
Explicouse que a AP é un recurso indispensable para o empoderamento da persoa con diversidade funcional e unha alternativa real para evitar a institucionalización forzosa.
Comentou o labor que VIgalicia vén realizando dende o 2006 para potenciar a prestación e fomentar a autoxestión do servizo.
Finalizou a súa intervención proxectando un vídeo que mostra as diferentes tarefas do asistente persoal.
O Acto foi seguido con moito interese por parte do alumnado e o profesorado do centro.
Lembrou que, sendo un apoio esencial, non se dispón en Galicia dunha asistencia Persoal digna e adecuada as necesidades individuais dos usuarios.