Anxela López acompañada do alumnado do CIFP Anxel Casal

Asistencia Persoal: un beneficio individual e social

Anxela López estivo este mércores 11 de Novembro no salón de actos do CIFP Ánxel Casal impartindo unha charla sobre Asistencia Persoal ao alumnado do ciclo medio de atención ás persoas en situación de Dependencia e integración social.

Falou como representante de VIGalicia, e a nivel persoal, do beneficio individual e social da Asistencia Persoal fronte á vida nas institucións, a liberdade fronte o sometemento e a opresión, a humanización fronte a deshumanización.

Lembrou o éxito que supuxo a finais do ano 2007 poñer en marcha un proxecto piloto de Asistencia Persoal de 40 horas semanais sen copagamento, aínda que sendo conscientes de que non servía para garantir unha Vida Independente, posto que incumpría o acordado no Parlamento galego.

Destacou asemade que dende o ano 2010 contamos cun dereito a unha libranza de AP, mais cun recorte de 10 horas semanais con respecto o proxecto experimental, o que a maiores establece un elemento discriminatorio e penalizador como é o copagamento, que impide o progreso económico e que favorece as entidades fornecedoras de servizos fronte a autoxestión, e coa mesmas horas que hai 12 anos. Todo isto vai de novo en contra do mandato parlamentario do 2020.

Criticou que se intente vender isto como Asistencia Persoal, cando pode ser un fantástico respiro familiar ou apoio no fogar, mais non serve como alternativa a institucionalización.

Comentou tamén a existencia dun anteproxecto de Lei que vai modificar varios artigos da LEPAD, introducindo algunha mellora na mesma, como a inclusión do apoio a toma de decisións na diversidade funcional intelectual , mais non cambiando nada no esencial, xa que se continúa mantendo presente o enfoque asistencial e de caridade.

A continuación detívose a explicar as particularidades da Asistencia Persoal na diversidade funcional intelectual, visualizándose un vídeo de ULOBA.

Anxela instou aos poderes públicos estatais e autonómicos a protexer e promover os dereitos humanos das persoas con diversidade funcional, adoptando todas as medidas pertinentes, incluíndo unha reforma integral da normativa, co fin de adecuala aos preceptos da Convención da ONU, tal e como obriga o seu artigo 4:

Los Estados Partes se comprometen a asegurar y promover el pleno ejercicio de todos los derechos humanos y las libertades fundamentales de las personas con discapacidad sin discriminación alguna por motivos de discapacidad. A tal fin, los Estados Partes se comprometen a:

  1. Adoptar todas las medidas legislativas, administrativas y de otra índole que sean pertinentes para hacer efectivos los derechos reconocidos en la presente Convención.
  2. Tomar todas las medidas pertinentes, incluidas medidas legislativas, para modificar o derogar leyes, reglamentos, costumbres y prácticas existentes que constituyan discriminación contra las personas con discapacidad.
  3. Tener en cuenta, en todas las políticas y todos los programas la protección y la promoción de los derechos humanos de las personas con dicapacidad.

Abriuse de seguido unha quenda de preguntas relacionadas ca formación, co rol de asistente persoal, as diferencias coa axuda a domicilio, e as incompatibilidades coa mesma.

Finalizou solicitando a colaboración para poñer en valor a asistencia persoal, que a día de hoxe segue sendo esquecida e descoñecida, e difundir o ideario da vida independente.