Anxela López co alumnado e profesorado do CIFP Compostela

Asistencia Persoal para vivir, non para sobrevivir

O pasado 5 Novembro celebrouse a charla sobre Vida Independente no CIFP Compostela baixo o título “Asistencia Persoal para vivir, non para sobrevivir”.

Na súa intervención Anxela López critica que Galicia siga estancada no cumprimento do dereito a unha Vida Independente das persoas con diversidade funcional, dende o periodo de finais de 2007 até o 2010, que abrangue os anos no que se desenvolve o proxecto piloto de Asistencia Persoal até marzo do 2010 cando se recoñece mediante o Decreto 15/2010, do 4 de Febreiro (substituído polo Decreto 142/2023, de 21 de setembro) un dereito a unha libranza de Asistencia Persoal, grazas o intenso traballo realizado por parte VIGalicia. Lamentou, que 15 anos despois non teñamos avanzando nada construción dunha alternativa real a institucionalización, e ano tras ano se continúe gastando fondos públicos en novos centros residencias e en programas de axuda a domicilio, coidados no entorno familiar e pouco ou nada en visibilizar e fortalecer a Asistencia Persoal para toda cidadanía galega que o precise.

Fixo referencia de novo ao informe do CDPD onde se sinala que:

“A institucionalización é un practica discriminatoria contra as persoas con diversidade funcional é que os Estados deben abolir toda forma de institucionalización e recoñecela como unha forma de violencia, onde se expón a determinados seres humanos a fármacos e intervencións médicas forzadas con medicamentos psicotrópicos, como sedantes, estabilizadores do estado de ánimo, tratamentos electroconvulsivos e terapias de conversión, o que representa unha infracción dos artigos 5, 12, 14 15, 16 y 17.”

Aplaudiu o “Real Decreto-ley ELA”, Real Decreto-ley 11/2025, de 21 de octubre, por el que se establecen medidas para el fortalecimiento del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia y cumplir con las obligaciones establecidas en la Ley 3/2024, de 30 de octubre, para mejorar la calidad de vida de las personas con Esclerosis Lateral Amiotrófica y otras enfermedades o procesos de alta complejidad y curso irreversible. Onde se recoñece atención 24 horas cunha prestación de Asistencia Persoal de case 10.000 euros/ mes por persoa máis lembrou que o Movemento de Vida Independente levou ao congreso no 2018,e posteriormente ao Ministerio unha proposta de Ley especifica de Asistencia e Vida Independente a que se poderían acoller tamén as persoas con máis necesidades asistenciais como os que teñen ELA en fase avanzada. Apelou a que o goberno tome nota destas demandas e que o resto das persoas con diversidade funcional que precisamos de apoios nas actividades cotiás tamén poidamos desfrutar dunha asistencia persoal digna.

“O dereito para vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade incumbe a todas as persoas con discapacidade, independentemente da raza; a cor; a ascendencia; o sexo; o embarazo e a maternidade; o estado civil ou a situación familiar ou profesional; a identidade de xénero; a orientación sexual; o idioma; a relixión; a opinión política ou doutra índole; a orixe nacional, étnico, indíxena ou social; a condición de migrante, solicitante de asilo ou refuxiado; a pertenza a unha minoría nacional ou a situación económica ou patrimonial; o estado de saúde; a predisposición xenética ou doutro tipo cara a algunha enfermidade; o nacemento e a idade ou calquera outra condición”.

Engadiu, a modo de exemplo, que en Galicia continuamos cunha cobertura de Asistencia Persoal de 30 horas semanais que malamente sirve para cubrir as necesidades básicas.

Concluíu visualizandose un vídeo promovido pola Oficina de Vida Independente de Barcelona e diversorium “Di violencia”, e un parágrafo das memorias de Judith Heumann:

“A nosa ira era unha furia provocada por profundas inxustizas. Agravios que merecían ira. E con esa rabia, rompemos o statu quo”

— Judith Heumann, Being Heumann: An Unrepentant Memoir of a Disability Rights Activist.

Tanto o alumnado como a docencia seguiron a charla con moito interese realizando preguntas durante e despois da charla sobre cuestións relacionadas cos temas tratados (vivenda, transporte, asistencia Persoal e Asistencia persoal..)