Asistencia Persoal Autoxestionada no CIFP Compostela
O pasado 6 de Novembro, os alumnos da materia da autonomía persoal e social do ciclo superior de integración social do CIFP Compostela, contaron coa presencia de Anxela López, presidenta de VIgalicia. O obxectivo da charla foi que coñecesen o labor que vén realizando dende o 2006 a Oficina de vida independente na consecución dunha alternativa á institucionalización das persoas discriminadas pola súa diversidade funcional.
Lembrou que, a día de hoxe, non se dispón dunha asistencia Persoal digna e adecuada as necesidades individuais de cada ser humano. Carecemos da posibilidade de escoller como queremos vivir, un dereito recoñecido na convención da ONU de obrigado cumprimento dende o 2018.
Insistiu en que non se require unha formación previa para traballar como Asistente persoal. Que o adestramento nas súas funcións debe partir da propia persoa con diversidade funcional, que é a que mellor coñece as súas necesidades.
Finalizou a súa intervención proxectando un vídeo que mostra as diferentes tarefas e o rol do asistente persoal, onde a propia persoa con diversidade funcional é quen leva o control da propia asistencia.
O Acto desenvolvese cunha alta participación e moito interese do alumnado por entender o paradigma dos dereitos humanos.