Anxela López Leiceaga no CIFP Portovello
Anxela López Leiceaga, presidenta de VIGalicia, estivo o pasado 15 de Novembro no CIFP Portovello de Ourense dando unha charla sobre Vida Independente e Asistencia Persoal aos alumnos de Integración Social.
Comezou a súa intervención lembrando una das frases Javier Romañach, referente do Movemento de Vida Independente recentemente falecido.
“Traballamos para a construcción dunha sociedade mellor para todos, non para nós, para toda a diversidade, non é una cuestión de cadeiras de rodas, de lingua de signos, de cegueira… Toda diversidade humana debe estar contemplada na sociedade.”
Anxela apelou una vez máis a responsabilidade dos poderes públicos para que abandonen as políticas asistenciais e ofrezan unha alternativa a institucionalización, para que as persoas con diversidade funcional dispoñan dunha asistencia personal digna, cumprindo así co disposto no Artigo 19 da Convención da ONU, de obrigado cumplimento desde 2008.
Houbo un amplo e participativo debate cos alumnos e profesores, moi interesados e comprometidos na defensa dos dereitos humanos e a Vida Independente.