Anxela López co alumnado e profesorado do CIFP Portovello

A vida independente é incompatible coa vida nunha institución

O 27 de Novembro, celebrouse no CIFP Portovello o VII encontro con VIGALICIA co alumnado e a docencia de integración social e atención ás persoas en situación de Dependencia.

A presidenta de VIGalicia, Anxela López, insistiu que tanto as experiencias vividas como as aportacións realizadas polo movemento de Vida Independente deben ser unha referencia e pilar imprescindible na construción dunha alternativa a institucionalización das persoas, si realmente queremos cumprir cos dereitos humanos recoñecidos na Convención da ONU.

Salientou os avances acadados no recoñecemento dos dereitos das persoas con diversidade funcional, como os acordos unánimes do Parlamento galego de Febreiro de 2007 e 2018, e as medidas que se deben adoptar dende os poderes públicos para desenvolver un sistema de Asistencia Persoal que garanta unha vida independente conforme ao estipulado na Convención e na súa observación nº 5.

Lamentou que o recurso á institucionalización continúe marcando a vida das persoas con diversidade funcional, calquera que sexa a súa condición ou idade, e que os medios de comunicación confundan a opinión pública, buscando historias cun claro enfoque médico-rehabilitador baixo a falsa aparencia dunha vida independente e inclusiva, ilustrándoo con varias novas publicadas neste mes de Novembro:

  1. “Apertura dun servizo residencial en Vigo para persoas con diversidade intelectual, investindo dous millóns euros dos fondos europeos”.
  2. “Vicky cambia de vida : de ser el “bebe” de 52 años de sus padres a una mujer independiente para vivir en un centro residencial”.
  3. La vida con parálisis cerebral cuando tu «mamá guerrera» ya no te puede cuidar

Explicou que saír do entorno familiar para vivir nun centro residencial non é vida independente, se atendemos ao sinalado na observación nº 5 (2017) sobre a interpretación do dereito a unha Vida Independente e a inclusión comunitaria:

“…se refieren a entornos para vivir fuera de las instituciones residenciales de todo tipo. Significa, sobre todo y ante todo, no perder la capacidad de elección y la autonomía personales como resultado de la imposición de una forma y unos sistemas de vida determinados. Ni las grandes instituciones con más de un centenar de residentes ni los pequeños hogares funcionales con entre cinco y ocho personas, ni siquiera los hogares individuales, pueden ser llamados sistemas de vida independiente si contienen otros elementos definitorios de instituciones o de institucionalización.”

Rematou respondendo as inquietudes do alumnado afirmando que a formación da Asistencia Persoal, ten que partir da propia persoa con diversidade funcional, en ningún caso ten que impoñerse unha titulación especifica senón perderíase un dos elementos fundamentais, como é a capacidade de elección.